DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2023/4836-2 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer a quen a promovese, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 19 de febreiro de 2024

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR204A 2023/4836-2

Mª Belén Rodríguez Diz

Desestimatoria

PR204A 2023/5379-2

César Pereira Barbeito

Estimatoria

PR204A 2023/5589-2

Elfy Rivas de Ardaya

Estimatoria

PR204A 2023/5719-2

Daniel Penas Carral

Estimatoria parcial

PR204A 2023/5725-2

Mª Isabel Blanco Fernández

Estimatoria

PR204A 2023/5731-2

Notaria Natalia Nieto Alba

Estimatoria

PR204A 2023/5733-2

Constantino Fernández Renior

Estimatoria

PR204A 2023/5740-2

Mª José Díaz Fernández

Estimatoria

PR204A 2024/61-2

Yolanda Beninous Palacio

Estimatoria

PR204A 2024/156-2

Noemí Reija Otero

Estimatoria

PR204A 2024/403-2

Marcelino Rodríguez García

Estimatoria

PR204A 2024/480-2

Mª Carmen Navas López

Estimatoria