De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que a continuación se relacionan para seren notificadas das resolucións ditadas pola xefatura territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio das ditas persoas interesadas.
Os expedientes atópanse á disposición das referidas persoas interesadas ou das persoas que as representen debidamente acreditadas, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, rolda da Muralla, 70 planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
As persoas interesadas por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Lugo, 9 de febreiro de 2024
Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Núm. de expte. |
Persoa interesada |
Efectos xurídicos |
Data da resolución |
2023/62/27 |
45749235G |
Modificación de medida administrativa |
15.11.2023 |
2021/50/27 |
34277668D |
Cesamento de medida administrativa e arquivamento |
16.11.2023 |
2022/53/27 |
34307018B, 33341533C |
Improcedencia de medida administrativa e arquivamento |
15.12.2023 |
2022/132/27 |
34298835Q |
Improcedencia de medida administrativa e arquivamento |
23.11.2023 |
H0249028 |
71530261P |
Improcedencia de medida administrativa e arquivamento |
21.11.2023 |
2023/87/27 |
X4239549M |
Establecemento de medida administrativa |
5.12.2023 |
2010/162/27 |
34302772C |
Cesamento de medida administrativa e arquivamento |
15.12.2023 |
2022/24/27 |
X7677368Z |
Improcedencia de medida administrativa e arquivamento |
22.11.2023 |
2017/143/27 |
X7677368Z |
Improcedencia de medida administrativa e arquivamento |
22.11.2023 |
2015/120/27 |
44428630J |
Cesamento de medida administrativa e arquivamento |
28.12.2023 |
2020/161/27 |
Y8526031Z |
Modificación de medida administrativa |
29.12.2023 |
2019/202/27 |
32739761C |
Cesamento de medida administrativa e arquivamento |
11.12.2023 |
2023/55/27 |
Y3322286L, X8987933Q, Relu Adir |
Mantemento de medida administrativa |
27.12.2023 |
2023/54/27 |
Antonio Ariza Rodríguez |
Modificación de medida administrativa |
7.7.2023 |
2022/61/27 |
Raúl de la Cruz Madrid |
Cesamento de medida administrativa e arquivamento |
21.11.2023 |
H0215959 |
Fernanda Gabriela Matías Pinto |
Improcedencia de medida administrativa e arquivamento |
17.10.2023 |
2022/133/27 |
Yoni Mariño López |
Improcedencia de medida administrativa e arquivamento |
23.11.2023 |