DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0459/2022-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0459/2022-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, nº 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución dos expedientes, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 20 de febreiro de 2024

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0459/2022-PPM

46092023T

Resolución

Guilleiro, 14, Cespón, Boiro

PSC-FE-0461/2022-PPM

78784367Y

Resolución

Capela, 24, Araño, Rianxo

PSC-FE-0072/2023-PPM

32699389J

Resolución

Rúa Coruña, 2, planta baixa, Valdoviño

PSC-FE-0074/2023-PPM

32709112F

Resolución

Rúa Fernando VI, bl. 1, portal 2, 4º B, Ferrol

PSC-FE-0075/2023-PPM

32697492W

Resolución

Rúa Somozas, nº 2, 1º dta.,Ferrol