DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 4 de marzo de 2024 Páx. 16919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de adecuación do noiro punto quilométrico 29+680-29+720 marxe dereita da autovía AG-11 ao contido do Auto do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago, de clave AC/03/036.01.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Pola Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 22 de febreiro de 2024, realizouse a aprobación provisional do proxecto de construción de adecuación do noiro punto quilométrico (p.q.) 29+680-29+720 marxe dereita (MD) da autovía AG-11 ao contido do Auto do Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 1 de Santiago, de clave AC/03/036.01.1, no municipio da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Que para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se somete ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Segundo. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña) e na Casa do Concello da Pobra do Caramiñal.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Adecuación do noiro p.q. 29+680-29+720 MD da autovía AG-11 ao contido do Auto do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago.

Clave: AC/03/036.01.1.

Concello da Pobra do Caramiñal.

Referencia catastral

Propietario

DNI

Clasificación

PXOM

Clasificación urbanística

Sit. básica solo

Expropiación
(m2)

1

000201100NH01H0001FX

Gerardo Muñiz Dávila

***4182**

Rústico

S. rústico de protección agropecuaria

Rural

554,00