Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 11 de febreiro de 2011 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 16 de marzo pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 25 de febreiro),
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.
Vigo, 22 de febreiro de 2024
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Código RUCT: 4312439.
Rama de coñecemento: Ciencias.
Universidades participantes: Universidade da Coruña e Universidade de Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
42 |
Optativas |
18 |
Prácticas externas |
18 |
Traballo fin de máster |
12 |
Créditos totais |
90 |
Cadro 2. Contido do plan de estudos.
Materia |
ECTS |
Carácter |
Módulos |
Bioinformática |
3 |
Obrigatoria |
Metodoloxías e Procesos |
Biotecnoloxía Industrial |
6 |
Obrigatoria |
|
Xenómica e Proteómica |
4,5 |
Obrigatoria |
|
Enxeñaría Celular e Tisular |
3 |
Obrigatoria |
|
Enxeñaría Xenética e Transxénese |
4,5 |
Obrigatoria |
|
Procesos e Produtos Biotecnolóxicos |
3 |
Obrigatoria |
|
Técnicas de Aplicación en Biotecnoloxía |
6 |
Obrigatoria |
|
Aspectos Legais e Éticos en Biotecnoloxía |
3 |
Obrigatoria |
Xestión, Innovación, Emprendemento e Calidade en Bioempresas |
Auditoría de Empresas Biotecnolóxicas |
4,5 |
Obrigatoria |
|
Xestión, Innovación e Emprendemento en Bioempresas |
4,5 |
Obrigatoria |
|
Análise de Alimentos, Seguridade Alimentaria e Rastrexabilidade |
3 |
Optativa |
Especialidade en: Biotecnoloxía Alimentaria e Agropecuaria |
Biotecnoloxía Animal |
3 |
Optativa |
|
Biotecnoloxía Vexetal |
3 |
Optativa |
|
Biotecnoloxía Alimentaria |
3 |
Optativa |
|
Biotecnoloxía Aplicada ao Desenvolvemento Sostible |
3 |
Optativa |
|
Contaminación Ambiental |
3 |
Optativa |
Especialidade en: Biotecnoloxía Ambiental |
Prevención, Xestión e Auditorías Ambientais |
3 |
Optativa |
|
Tecnoloxía Ambiental e Xestión da Auga |
3 |
Optativa |
|
Tecnoloxía Ambiental e Xestión do Solo e Aire |
3 |
Optativa |
|
Diagnóstico e Terapia Molecular |
3 |
Optativa |
Especialidade en: Biotecnoloxía Sanitaria |
Deseño de Novos Fármacos Específicos (Farmacoloxía e Farmacoxenómica) |
3 |
Optativa |
|
Deseño e Produción de Vacinas e Fármacos |
3 |
Optativa |
|
Ferramentas Biotecnolóxicas para Análise Forense |
3 |
Optativa |
|
Reprodución Asistida |
3 |
Optativa |
|
Traballo fin de máster |
12 |
Obrigatoria |
Traballo fin de máster |
Prácticas externas |
18 |
Obrigatoria |
Prácticas externas |
Para a obtención do título de máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, o alumnado deberá superar os 90 créditos ECTS de que consta o máster. Para iso deberá optar por unha das tres especialidades ofertadas, cursando 15 créditos ECTS da especialidade seleccionada e 3 créditos ECTS que escollerá entre as outras especialidades.