DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16731

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral/DNI

2148/2023

27067A006008410000XG

Polígono 6, parcela 841. Pé de Boi. Viveiro (Lugo)

Lage López, Manuel (descoñécese o DNI)

27067A006008430000XP

Polígono 6, parcela 843. Pé de Boi. Viveiro (Lugo)

Descoñecido

27067A006008380000XG

Polígono 6, parcela 838. Pé de Boi. Viveiro (Lugo)

En investigación

Viveiro, 7 de febreiro de 2024

María Loureiro García
Alcaldesa