DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16598

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 12 de febreiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Mediante a Orde do 3 de xaneiro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 14, do 19 de xaneiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo no Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a dita convocatoria, coa adxudicación do destino á persoa funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 3 de xaneiro de 2024.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión no novo destino deberá realizarse no prazo de tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia; ou dun mes, se implica o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a de aquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación

ANEXO I

Apelidos e nome: Chachero Comesaña, Pilar.

DNI: ***7133**

Grupo/subgrupo: C1.

Corpo ou escala: corpo xeral administrativo da Administración do Estado.

Código: EFB010000015770005.

Denominación do posto: secretario/a de vogais do Tribunal Galego da Defensa da Competencia.

Nivel: 18.

Dependencia: Comisión Galega da Competencia (Instituto Galego do Consumo e da Competencia).

Localidade: Santiago de Compostela.

O DNI móstrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.