DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 1 de marzo de 2024 Páx. 16716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 12 de febreiro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación posterior que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 986 56 80 36.

Para que conste, sirva de notificación ás persoas interesadas, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 12 de febreiro de 2024

José Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/NIE

Y07420692D

Y03103977A

035480240A

035204914X

033200817H

14319506M

Y09307665Q

Z00755606S

77679209K

005282644G

033812923W

X02445856J

X07373154K

037337065S

Y08096110D

Y04612342M

077461261K

X09673667M

077400017A

054322523L

35472998Y

X06507437R

53062869Y

009351635L

076860623M

Y08831561N