DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de novembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Norte, polo que se somete ao trámite de información pública a solicitude de obras para peche de parcela no concello de Carral (expediente DH.W15.93660).

María del Pilar Bouzas Santos solicita de Augas de Galicia, por atoparse nas marxes do río (sen denominación), a autorización de obras, na parcela de referencia catastral 6078605NH5837N0001LT, no lugar de Balbén, parroquia de Vigo (San Vicente), concello de Carral (A Coruña).

Descrición:

As obras solicitadas consisten no peche de parcela.

O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días laborais, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, co fin de que os interesados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo situadas na r/ Vicente Ferrer, 2, 9º andar (Edificio Administrativo Monelos), A Coruña, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, logo de cita no teléfono 981 18 25 30.

A Coruña, 9 de novembro de 2023

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Norte