DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 9 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución do parque eólico ampliación de Monciro, nos concellos de Castroverde e Pol (expediente IN408A 2023/002).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Antecedentes:

– O 17.4.2023, Naturgy Renovables, S.L.U. presenta solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico ampliación de Monciro, nos concellos de Catroverde e Pol, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) e pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– O 3.10.2023, e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotor: Naturgy Renovables, S.L.U. (B-84.160.423).

Domicilio social: avenida de Arteixo 171, 15008 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico ampliación de Monciro.

Situación: concellos de Castroverde e Pol (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Monciro.

Potencia instalada: 6,93 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 2.

Produción neta anual estimada: 23.990 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 7.222.594,08 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Coordenadas ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

a

632.050,00

4.770.900,00

b

635.000,00

4.770.900,00

c

636.870,00

4.765.300,00

d

635.300,00

4.765.300,00

e

634.500,00

4.767.500,00

f

632.050,00

4.767.500,00

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

AM-13

633.505,77

4.768.966,97

AM-14

632.880,00

4.769.800,00

Características técnicas principais das instalacións:

– Dous (2) aeroxeradores de 3,465 MW de potencia nominal unitaria, 122,5 m de altura da buxa e 155 m de diámetro de rotor.

– Dous (2) centros de transformación, situados no interior da góndola de cada aeroxerador, con potencia nominal de 4.000 kVA e relación de transformación de 0,72/20 kV, co seu correspondente equipamento de manobra, protección e demais elementos auxiliares.

– Rede eléctrica soterrada para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre os aeroxeradores e a subestación transformadora existente SET Monciro 20/132 kV, composta por dúas liñas con condutores tipo RHZ1-2OL AL 12/20 kV H16 e sección de 240 mm². Na gabia da liña colectora tamén se colocarán os cables de terras e os de fibra óptica para comunicacións.

– Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, subestación, cimentacións e gabias de cableado.

– Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

– Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (visado ICOIIG núm. 20231144 con data do 13.4.2023).

– Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 14.4.2023).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39), así como nos concellos de Castroverde e Pol (Lugo).

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/ampliacion-monciro

Lugo, 9 de febreiro de 2024

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo