DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican diversas resolucións ditadas nos procedementos BS626F e BS618D (expediente 32045/0012/23-R e once máis).

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último enderezo coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanse a través deste anuncio as ditas resolucións ás persoas citadas no anexo, que se emprazan para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro das resolucións. Transcorrido o dito prazo, de non facelo, terase por efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor o recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte á data da súa notificación, efectuada por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 38 e 53 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 9 de febreiro de 2024

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO I

Procedemento BS626F

Nº de expediente

Persoa interesada

Resolución

Data da resolución

32045/0012/23-R

34933253W

Denegación

8.1.2024

32054/0241/23-R

44486385S

Denegación

8.1.2024

32054/0247/23-R

Y8971393G

Denegación

3.1.2024

ANEXO II

Procedemento BS618D

Nº de expediente

Persoa interesada

Resolución

Data da resolución

32024/0008/23-E

45141159W

Denegación

5.1.2024

32027/0005/23-E

45140334M

Denegación

27.12.2023

32054/0700/23-E

I20011997

Desestimación

4.1.2024

32054/0705/23-E

I20011999

Desestimación

5.1.2024

32054/0721/23-E

I20012002

Desestimación

5.1.2024

32054/0795/23-E

Y9138838D

Denegación

27.12.2023

32054/0838/23-E

34957026Q

Denegación

9.1.2024

32054/0819/23-E

54676843R

Denegación

4.1.2024

32058/0006/23-E

53147323G

Denegación

9.1.2024