DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2024 Páx. 16222

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Monte do Corgo, S. Coop. Galega de Vivendas en liquidación

ANUNCIO do acordo de aprobación do balance final.

A cooperativa Monte do Corgo, Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas en liquidación, inscrita no Rexistro de Cooperativas da Coruña co número de inscripción 1278-C, anuncia que na asemblea que tivo lugar en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2023, cumpridos os requisitos legais e estatutarios previstos para a convocatoria, adoptou o acordo de aprobar o balance final e o proxecto de distribución do activo, previamente censurado polos órganos de intervención da cooperativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2024

Montserrat Rodríguez Lavandeira,
Antonio María Couselo Barreiro e
Carmen Blanco Ameneiro
Liquidadores