Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio cítanse os titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma.
As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias desta xefatura territorial de Economía, Industria e Innovación (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo postal. En ambos os casos deben acompañar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Ourense, 14 de febreiro de 2024
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense