DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Toén (expediente IN407A 2023/235-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución de apoios por fin de vida útil na LAMT 20 kV CAS806 Rairo II 6” entre os apoios nº B7L317BN (13471479) e nº B7EBAAO7//D195-24 (13061228). Toén (Ourense).

Situación: parroquia de San Pedro de Moreiras, concello de Toén.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución, na LMT CAS806 Rairo II, dos apoios existentes núm. B7J26GMB//D195-22 e núm. B7HFJ5W1//D195-23, e instálanse novos apoios proxectados, de celosía metálica, do tipo C-14/2000 e C-18/2000, respectivamente. Instalación de conxunto seccionador SXS sobre o apoio existente núm. B7L317BN.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado núm. LE-1010 do Copitile, o 11.7.2023.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 1 de febreiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2023/235-3.

Situación: parroquia de San Pedro de Moreiras, concello de Toén.

Denominación: substitución de apoios por fin de vida útil na LAMT 20 kV CAS806 Rairo II 6” entre os apoios nº B7L317BN (13471479) e nº B7EBAAO7//D195-24 (13061228). Toén (Ourense).

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32082A027000250000LE.

Lugar: Bouzoás.

Cultivo: viñedo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. B7J26GMB//D195-22.

Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 2082A027001870000LS.

Lugar: Bouzoás.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. B7HFJ5W1//D195-23.