DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15649

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 7 de febreiro de 2024 pola que se nomean as persoas integrantes do Consello Asesor do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

O Consello Asesor do Centro Galego de Arte Contemporánea é o órgano colexiado de consulta e asesoramento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos asuntos relacionados coas competencias do Centro Galego de Arte Contemporánea.

O Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo (na actualidade Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades), determina na súa disposición adicional segunda a composición do Consello Asesor e determina que lle corresponde ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a designación das persoas integrantes do Consello Asesor do Centro Galego de Arte Contemporánea; así mesmo, precísase que tres vogais serán nomeados logo da proposta das entidades e institucións culturais vinculadas coa creación cultural contemporánea e que outros tres vogais se designarán entre persoas de recoñecido prestixio no ámbito artístico. O mandato será por catro anos, renovables por períodos de igual duración.

En virtude do anterior, unha vez expirado o mandato das persoas integrantes do Consello Asesor do Centro Galego de Arte Contemporánea e feitas as propostas correspondentes, e de conformidade coas atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 3 do Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como persoas integrantes do Consello Asesor do Centro Galego de Arte Contemporánea as persoas que se relacionan a seguir:

Presidente:

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez González.

Vicepresidente:

O director xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo Suárez.

Vogais:

– Santiago Olmo García, persoa representante do Centro Galego de Arte Contemporánea.

– Silvia García González, persoa representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

– Celestino García Braña, persoa representante da Real Academia Galega de Belas Artes.

– Antón Castro Fernández, profesor de Historia da Arte e crítico de arte.

– Cecilia Pereira Marimón, xestora cultural e museóloga.

– Agar Ledo Arias, historiadora da arte contemporánea e comisaria de exposicións.

Secretaria:

A xerente do Centro Galego de Arte Contemporánea, Luz Marina Álvarez Moreira.

Artigo 2

Os nomeamentos anteriores terán unha duración de catro anos, renovables por períodos de igual duración. Aquelas persoas nomeadas por razón do seu cargo cesarán automaticamente coa perda da condición en virtude da cal foron nomeadas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades