DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños números 40 e 162.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 1 de febreiro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 40 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 906,30 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 162 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 98,37 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: Milagros García Reguera (***5538**).

Novo titular: Juan Manuel Castellano Soto (***0135**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 2 de febreiro de 2024

A xefa territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 27.12.2023)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura
e Innovación Tecnolóxica