DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15703

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de xaneiro de 2024, polo que se aproba o Plan de dinamización da Área Rexurbe de Tui.

En cumprimento do disposto no artigo 60.2.f) da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de xaneiro de 2024, co seguinte texto literal:

«Aprobar o Plan de dinamización da Área Rexurbe de Tui e se designa o Instituto Galego da Vivenda e Solo como organismo da Xunta de Galicia que deberá participar nel».

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo