DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Teo (expediente DH.A15.75198).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Regadores da Casalonga.

DNI: ***6075**.

Expediente: DH.A15.75198.

Volume total anual: 19.184,93 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: Mina Monte Camparrón: 0,35 l/s; Mina Agro da Franca: 0,24 l/s; Mina do Camiño: 0,73 l/s.

Destino: Rega.

Orixe: x=532528, y=4740328 (fuso 29 ETRS89); x=532683, y=4740342 (fuso 29 ETRS89); x=532528, y=4740328 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Camparrón; Cabanelas; Camparrón.

Parroquia: Calo (San Xoán).

Concello: Teo.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes de tres minas. As augas da Mina Monte Camparrón, situada na parcela 15083A514010600000KL, son conducidas por gravidade mediante tubo de polietileno de 63 mm de diámetro ata a arqueta 1, nas coordenadas UTM (fuso 29 ETRS89) x=532555 y=4740215, e desde este punto as augas lévanse ata a arqueta 2, nas coordenadas UTM (fuso 29 ETRS89) x=532535 y=4740331. As augas da Mina Agro da Franca, mediante tubo de polietileno de 50 mm de diámetro, e da Mina do Camiño, mediante tubo de polietileno de 110 mm, son conducidas ata a arqueta 2. Desde este punto lévase a auga ata o depósito de almacenamento e distribución situado na parcela 15083A514009610000KD.

O depósito de distribución consiste nunha construción semisoterrada de formigón armado, de 13 m×7,40 m×2,40 m, en que se localizan 73 depósitos individuais.

Desde o depósito lévase auga ata A Casalonga (rede principal) mediante tubo de 50 mm de diámetro e desde alí ata as propiedades que se vaian regar (rede secundaria) mediante tubo de 25 mm de diámetro.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
Galicia Centro