De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: planta de transferencia de residuos perigosos e de transferencia e acondicionamento de residuos non perigosos |
Trámite: extinción da autorización ambiental integrada |
Titular: Acteco Productos y Servicios, S.L. |
|
Localización: concello de Arteixo (A Coruña) |
Nº Rexistro AAI: 2015-IPPC-10_288 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, para o que debe utilizar o seguinte código de busca: 2015-IPPC-I-10, ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático