DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2024 Páx. 15585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 15030062123R e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase efectuad a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen ter realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes, logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 6 de febreiro de 2024

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15030062123R

Z0289773R

Requirimento de emenda da solicitude

4.1.2024

15036003022R

71310603T

Requirimento de emenda da solicitude

14.12.2023

15078007723R

12857705S

Requirimento de emenda da solicitude

28.12.2023

15030061223R

X9835470A

Requirimento de emenda da solicitude

4.1.2024

15030061023R

Z0509233H

Requirimento de emenda da solicitude

22.1.2024

15017002223R

32638394Z

Requirimento de emenda da solicitude

10.1.2024