DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de obra de construción dunha gasolineira no concello de Oleiros (expediente DH.W15.95066).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: Petroprix Energía, S.L.

DNI: B237*****.

Expediente: DH.W15.95066.

Lugar: avenida das Mariñas, núm. 10 (referencia catastral 6369617NH5966N).

Parroquia: Iñás (San Xorxe).

Concello: Oleiros.

Descrición das obras:

As obras solicitadas consisten na construción dunha gasolineira para distribución retallista de combustible.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así coma nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, logo de cita no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte