DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2019/224-1, no concello de Arteixo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar..., mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, enlace subestación Morás-CR Baiuca (15CNN9), no concello de Arteixo (expediente IN407A 2019/224-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 9 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/224-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT enlace subestación Morás-CR Baiuca (15CNN9).

Concello: Arteixo.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

3

Descoñecida

262/2024

1.119,66 €

6

Descoñecida

263/2024

56,68 €

7

Descoñecida

264/2024

7.141,17 €

10

Descoñecida

265/2024

1.328,44 €