DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2024 Páx. 15312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) para ser notificados por comparecencia do trámite de audiencia previo á modificación do acordo de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña) que figuran no anexo, para ser notificados por comparecencia do trámite de audiencia previo á modificación do acordo de reestruturación da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de febreiro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

ZCP Grixalba (Sobrado-A Coruña)

DNI

Nº prop.

Acto notificado

14949038G

1045

Trámite de audiencia

32873257R

1045

Trámite de audiencia