DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2024 polo que se notifican a incoación e o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/27/2023-RP1.

O 4.12.2023, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/27/2023-RP1, e a instrutora do servizo de Inspección Urbanística II formulou prego de cargos no mesmo expediente.

Ao non poder realizarse a notificación persoal ao interesado con documento nacional de identidade número 36098316T, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita incoación e prego de cargos por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da incoación e prego de cargos que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística