DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica e o estudo de impacto ambiental do proxecto Nova LAT 20 KVDC SE Barreiros-Vilapena e novo CS Alto da Vilapena, nos concellos de Barreiros, Lourenzá e Trabada (expediente IN407A 2023/26-2).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: Aller Ulloa Ramón María, 9, polígono industrial das Gándaras, 27003, Lugo.

Denominación do proxecto: nova LAT 20 KVDC SE Barreiros-Vilapena e novo CS Alto da Vilapena.

Concellos afectados: concellos de Barreiros, Lourenzá e Trabada (todos na provincia de Lugo).

Características técnicas principais das instalacións:

– Liña de media tensión a 20 kV, de dobre circuíto, para o enlace da SE Barreiros coa LMT 20 kV Cabarcos, cos seguintes tramos:

• 4 tramos en soterrado, en condutor HEPRZ1 12/20 kV 1×240 K Al + H16, entre a SE Barreiros e o apoio P-1 proxectado (541 metros), os apoios P-3 e P-4 proxectados (120 metros), os apoios P-10 e P-11 proxectados (124 metros) e os apoios P-24 e P-25 proxectados (194 metros).

• 4 tramos en aéreo, en condutor 94-AL1/22-ST1A (LA-110), entre os apoios proxectados P-1 e P-3, P-4 e P-10, P-11 e P-24 e P-25 e P-54.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 687 metros en condutor 47-AL1/8-ST1A (LA-56), con orixe no apoio de celosía número 223064 existente e final no apoio de celosía P-54 proxectado na LMT Cabarcos (en substitución do apoio número 223413 existente).

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV, de dobre circuíto, cunha lonxitude de 104 metros en condutor HEPRZ1 12/20 kV 1x240 K Al + H16, con entrada e saída no novo centro de seccionamento (CS) Alto da Vilapena desde o apoio de celosía P-54 proxectado.

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado con envolvente monobloque de formigón no cal se instalan 4 celas de liña (CML), 1 CML de reserva, 2 celas de ensamblamento de barras, unha cela de protección con trafo para servizos auxiliares integrado (CMP-F) e equipo de telemando.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

– Documentación que se expón:

• O proxecto de execución (30.11.2021-visado o 20.12.2022 con número 20223933).

• A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados (RBDA-presentada o 15.1.2024), que figura no anexo a este acordo.

- Planos individuais dos predios afectados.

• O estudo de impacto ambiental (EIA) (11.1.2024).

O que se fai público, de conformidade co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, para o coñecemento xeral e para todas aquelas persoas que se consideren afectadas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que estimen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo ou ao da notificación individual.

A documentación estará ao dispor dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como nos concellos de Barreiros, Lourenzá e Trabada, na provincia de Lugo. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/distribucion-transporte/lat-vilapena

Lugo, 2 de febreiro de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados

Proxecto de nova LAT 20 KVDC SE Barreiros-Vilapena y nuevo CS Alto da Vilapena.

Concello: Barreiros, Lourenzá e Trabada.

Expediente: IN407A 2023/26-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Concello

Datos propietarios

Tipo cultivo

Apoio (nº)

Apoio (superficie ocupación permanente) (m²)

L.A.A.T (superficie afectada por voo) (m²)

L.S.A.T. (superficie ocupación permanente) (m²)

Accesos (superficie ocupación temporal) (m²)

1

8

91

27027A00800091

Fonte Bella

Lourenzá

Vanesa Otero Rivas

Monte alto

 

 

 

113

113

7C

8

146

27027A00800146

Fachas

Lourenzá

Emilio Barja Arias

Monte alto

1

17

178

 

174

11

8

181

27027A00800181

Carril

Lourenzá

José Antonio Nogueira Gallo

Monte alto

2

3

1.047

 

486

23

8

212

27027A00800212

Fachas

Lourenzá

Herdeiros de Josefa Pérez Cabaleiro

Monte alto

5

3

695

 

90

41

67

8

27005A06700008

Fachas

Barreiros

Francisco Hermida Pérez

Monte alto

 

 

1.982

 

201

78

7

470

27061V00700470

Louredo

Trabada

María Riopedre Seivane

Monte alto

35

4

1.209

 

511