DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14790

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 26 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028 (código de procedemento BS632C).

No Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro de 2023, publícase a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, e se realiza a súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632C).

Unha vez instruído de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria, logo da valoración de todas as solicitudes e aplicación dos criterios de selección, e vista a proposta de adxudicación, o órgano competente emite a resolución de adxudicación coa cal finaliza o procedemento.

O artigo 15 da Orde do 13 de decembro de 2023 establece que a resolución de concertación se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e terá os efectos da notificación.

Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro da Resolución do 26 de xaneiro de 2024, ditada no procedemento BS632C, de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, que se xunta esta resolución como anexo e coa cal finaliza o procedemento.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coas entidades seleccionadas.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen se ter efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, as entidades concertadas estarán obrigadas a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2024

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución de adxudicación

Orde do 13 decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, e se realiza a súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632C).

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 15 de decembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período 2024-2028, e se realiza a súa convocatoria mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento BS632C).

Segundo. No prazo establecido, presentáronse á convocatoria as seguintes entidades:

Data e número de entrada Rexel

Entidade

CIF

Código

Servizo

Tipoloxía

Nº de prazas

Concello

19.12.2023

Nº 3317352

Asociación Aixiña

G32144669

020209

Servizo de atención residencial terapéutica

Internado 365

13

Ourense

19.12.2023

Nº 3329692

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

G32115941

020201

Servizo de atención diúrna terapéutica

Media pensión 220

15

Lugo

020201

Servizo de atención diúrna terapéutica

Media pensión 220

17

Mos

020201

Servizo de atención diúrna terapéutica

Media pensión 220

15

Pontevedra

020202

Servizo de atención diúrna terapéutica de media estancia

Sen comedor 220

16

Lugo

020202

Servizo de atención diúrna terapéutica de media estancia

Sen comedor 220

12

Mos

21.12.2023

Nº 3355499

Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade

G36452837

020201

Servizo de atención diúrna terapéutica

Media pensión 220

17

Tomiño

22.12.2023

Nº 3362936

Agora

G27150820

020201

Servizo de atención diúrna terapéutica

Media pensión 220

32

Monforte de Lemos

010107

Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais

Internado 365

7

Monforte de Lemos

8.1.2024

Nº 46678

Asistencia Integral Personalizada, S.L.

B27414325

020209

Servizo de atención residencial terapéutica

Internado 365

114

Bóveda

Terceiro. O día 24 de xaneiro de 2024 reuniuse a Comisión de Valoración co obxecto de comprobar que as entidades que presentaron solicitude no concerto social referenciado co código de procedemento BS632C cumpren cos requisitos establecidos no artigo 5 da convocatoria e presentaron a documentación exixida no artigo 8.

Cuarto. Examinada a documentación, constátase que todas as entidades cumpren cos requisitos establecidos no artigo 5 da convocatoria e presentaron a documentación exixida no artigo 8 de forma correcta e completa, e dentro do prazo establecido na convocatoria.

Quinto. A Comisión de Valoración informa o órgano instrutor de que todas as entidades presentadas xa están prestando o servizo mediante contratos formalizados coa Consellería de Política Social e Xuventude de que se presentan á totalidade das prazas que xa están xestionando, polo que, conforme establece o artigo 13.1 da convocatoria, teñen preferencia nas prazas que solicitan e non é necesario aplicar os criterios de valoración previstos neste mesmo artigo.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. En virtude do artigo 11 da Orde do 13 de decembro de 2023, a instrución do procedemento correspóndelle á Subdirección Xeral de Recursos de Equipamentos de Apoio á Discapacidade da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

Segundo. O artigo 12 da Orde do 13 de decembro de 2023, nos seus números 2, 4 e 5, establece:

«2. A Comisión de Avaliación será a encargada de verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de selección establecidos no artigo 13 desta convocatoria.

4. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe de acordo co previsto no artigo 13 desta convocatoria.

5. Segundo o referido informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión con cada entidade».

Terceiro. Segundo o artigo 14 da Orde do 13 de decembro de 2023, a resolución correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

Por todo o exposto, e vista a proposta de adxudicación efectuada pola Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade,

RESOLVO:

Primeiro. Asignarlles o concerto social para a prestación do servizo para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con discapacidade física para o período que abarca desde a formalización, prevista para o 1 de marzo de 2024, ata o 29 de febreiro de 2028, ás entidades que se relacionan no anexo, e nos termos e contías que figuran nel, con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.312D.228.2, e segundo os módulos económicos que se detallan:

1. O módulo económico para a reserva e ocupación de prazas por cada tipo de servizo será o seguinte:

Servizo

Prezo/praza sen IVE

IVE (4 %)

Prezo total

Servizo de atención diúrna terapéutica

Media pensión

(220 días)

1.460,00 €/mes

58,40 €

1.518,40 €

Servizo de atención diúrna terapéutica de media estancia

Sen comedor

(220 días)

760,00 €/mes

30,04 €

790,40 €

Servizo de atención residencial terapéutica

Internado

(365 días)

2.910,00 €/mes

116,40 €

3.026,40 €

Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais

Internado

(365 días)

1.200,00 €/mes

48,00 €

1.248,00 €

2. No servizo de transporte, o módulo económico é o seguinte:

Servizo

Prezo praza/día sen IVE

IVE (10 %)

Prezo praza/día total

Transporte

11,30 €

1,13 €

12,43 €

3. As compensacións polas medidas especiais de accesibilidade, vinculadas ao transporte, son as seguintes:

Perfil de mobilidade
das persoas usuarias

Prezo praza/día sen IVE

IVE (10 %)

Prezo praza/día total

Grupo 1

4,45 €

0,44 €

4,89 €

Grupo 2

19,67 €

1,96 €

21,63 €

Segundo. Asinar o concerto social coas entidades seleccionadas dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación das resolucións de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A resolución de concertación publicarase no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2024. A conselleira de Política Social e Xuventude. Por delegación (Artigo 14 da Orde do 29.11.2023). Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO I

Expediente

BS632C-1/2023

Entidade

Asociación Aixiña

NIF

G32144669

Nº RUEPSS

E-216

Servizo concerto

Tipoloxía

Nº prazas

Nome centro

Concello

IVE

Anualidade 2024

(10 meses)

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

(2 meses)

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención residencial terapéutica

020209

Internado 365

13

Residencia para persoas con discapacidade Domingo Gómez Freire

E-216-C-4

Ourense

4 %

393.432,00

342.285,84

472.118,40

410.743,01

472.118,40

410.743,01

472.118,40

410.743,01

78.686,40

68.457,17

393.432,00

342.285,84

472.118,40

410.743,01

472.118,40

410.743,01

472.118,40

410.743,01

78.686,40

68.457,17

Expediente

BS632C-2/2023

Entidade

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

NIF

G32115941

Nº RUEPSS

E-0154

Servizo concerto

Tipoloxía

Nº prazas

Nome centro

Concello

IVE

Anualidade 2024

(10 meses)

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

(2 meses)

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención diúrna terapéutica
COD: 020201

Media pensión 220

15

Centro de día de Fingoi
E-154-C-6

Lugo

Exento

219.000,00

190.530,00

262.800,00

228.636,00

262.800,00

228.636,00

262.800,00

228.636,00

43.800,00

38.106,00

Servizo de atención diúrna terapéutica
COD: 020201

Media pensión 220

17

Centro de día para persoas con discapacidade O Rebullón Mos
E-154-C-8

Mos

248.200,00

215.934,00

297.840,00

259.120,80

297.840,00

259.120,80

297.840,00

259.120,80

49.640,00

43.186,80

Servizo de atención diúrna terapéutica
COD: 020201

Media pensión 220

15

Centro de día de Monte Porreiro
E-154-C-2

Pontevedra

219.000,00

190.530,00

262.800,00

228.636,00

262.800,00

228.636,00

262.800,00

228.636,00

43.800,00

38.106,00

Servizo de atención diúrna terapéutica de media estancia
COD: 020202

Sen comedor 220

16

Centro de día de Fingoi
E-154-C-6

Lugo

121.600,00

105.792,00

145.920,00

126.950,40

145.920,00

126.950,40

145.920,00

126.950,40

24.320,00

21.158,40

Servizo de atención diúrna terapéutica de media estancia
COD: 020202

Sen comedor 220

12

Centro de día para persoas con discapacidade O Rebullón Mos
E-154-C-8

Mos

91.200,00

79.344,00

109.440,00

95.212,80

109.440,00

95.212,80

109.440,00

95.212,80

18.240,00

15.868,80

Servizo de transporte adaptado e asistido
COD: 010110

Transporte

31

Centro de día de Fingoi
E-154-C-6

Lugo

63.054,00

56.748,60

77.066,00

69.359,40

77.066,00

69.359,40

77.066,00

69.359,40

14.012,00

12.610,80

Compensacións G1

9

Centro de día de Fingoi

E-154-C-6

Lugo

7.209,00

7.209,00

8.811,00

8.811,00

8.811,00

8.811,00

8.811,00

8.811,00

1.602,00

1.602,00

Compensacións G2

11

Centro de día de Fingoi

E-154-C-6

Lugo

38.946,60

38.946,60

47.601,40

47.601,40

47.601,40

47.601,40

47.601,40

47.601,40

8.654,80

8.654,80

Servizo de transporte adaptado e asistido
COD: 010110

Transporte

29

Centro de día para persoas con discapacidade O Rebullón Mos
E-154-C-8

Mos

58.986,00

53.087,40

72.094,00

64.884,60

72.094,00

64.884,60

72.094,00

64.884,60

13.108,00

11.797,20

Compensacións G1

8

Centro de día para persoas con discapacidade O Rebullón Mos
E-154-C-8

Mos

6.408,00

6.408,00

7.832,00

7.832,00

7.832,00

7.832,00

7.832,00

7.832,00

1.424,00

1.424,00

Compensacións G2

10

Centro de día para persoas con discapacidade O Rebullón Mos
E-154-C-8

Mos

35.406,00

35.406,00

43.274,00

43.274,00

43.274,00

43.274,00

43.274,00

43.274,00

7.868,00

7.868,00

Servizo de transporte adaptado e asistido
COD: 010110

Transporte

15

Centro de día de Monte Porreiro
E-154-C-2

Pontevedra

30.510,00

27.459,00

37.290,00

33.561,00

37.290,00

33.561,00

37.290,00

33.561,00

6.780,00

6.102,00

Compensacións G1

4

Centro de día de Monte Porreiro
E-154-C-2

Pontevedra

3.204,00

3.204,00

3.916,00

3.916,00

3.916,00

3.916,00

3.916,00

3.916,00

712,00

712,00

Compensacións G2

5

Centro de día de Monte Porreiro
E-154-C-2

Pontevedra

17.703,00

17.703,00

21.637,00

21.637,00

21.637,00

21.637,00

21.637,00

21.637,00

3.934,00

3.934,00

1.160.426,60

1.028.301,60

1.398.321,40

1.239.432,40

1.398.321,40

1.239.432,40

1.398.321,40

1.239.432,40

237.894,80

211.130,80

Expediente

BS632C-3/2023

Entidade

Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade

NIF

G36452837

Nº RUEPSS

E-1777

Servizo concerto

Tipoloxía

Nº prazas

Nome centro

Concello

IVE

Anualidade 2024

(10 meses)

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

(2 meses)

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención diúrna terapéutica 020201

Media pensión 220

17

Centro de día para persoas con discapacidade Vontade
E-1777-C-1

Tomiño

Exento

248.200,00

215.934,00

297.840,00

259.120,80

297.840,00

259.120,80

297.840,00

259.120,80

49.640,00

43.186,80

Servizo de transporte adaptado e asistido

010110

Transporte

17

Centro de día para persoas con discapacidade Vontade
E-1777-C-1

Tomiño

34.578,00

31.120,20

42.262,00

38.035,80

42.262,00

38.035,80

42.262,00

38.035,80

7.684,00

6.915,60

Compensacións G1

5

Centro de día para persoas con discapacidade Vontade
E-1777-C-1

Tomiño

4.005,00

4.005,00

4.895,00

4.895,00

4.895,00

4.895,00

4.895,00

4.895,00

890,00

890,00

Compensacións G2

6

Centro de día para persoas con discapacidade Vontade
E-1777-C-1

Tomiño

21.243,60

21.243,60

25.964,40

25.964,40

25.964,40

25.964,40

25.964,40

25.964,40

4.720,80

4.720,80

308.026,60

272.302,80

370.961,40

328.016,00

370.961,40

328.016,00

370.961,40

328.016,00

62.934,80

55.713,20

Expediente

BS632C-4/2023

Entidade

Asociación Agora

NIF

G27150820

Nº RUEPSS

E-0300

Servizo concerto

Tipoloxía

Nº prazas

Nome centro

Concello

IVE

Anualidade 2024

(10 meses)

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

(2 meses)

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención diúrna terapéutica 020201

Media pensión 220

32

Centro de día Agora
E-300-C-3

Monforte de Lemos

Exento

467.200,00

406.464,00

560.640,00

487.756,80

560.640,00

487.756,80

560.640,00

487.756,80

93.440,00

81.292,80

Servizo de supervisión e apoios puntuais en equipamentos especiais

010107

Internado 365

4

Vivenda tutelada

Agora II
E-300-C-2

Monforte de Lemos

48.000,00

41.760,00

57.600,00

50.112,00

57.600,00

50.112,00

57.600,00

50.112,00

9.600,00

8.352,00

3

Vivenda tutelada

Agora I
E-300-C-1

Monforte de Lemos

36.000,00

31.320,00

43.200,00

37.584,00

43.200,00

37.584,00

43.200,00

37.584,00

7.200,00

6.264,00

Servizo de transporte adaptado e asistido

010110

Transporte

32

Centro de día Agora
E-300-C-3

Monforte de Lemos

65.088,00

58.579,20

79.552,00

71.596,80

79.552,00

71.596,80

79.552,00

71.596,80

14.464,00

13.017,60

Compensacións G1

9

Centro de día Agora
E-300-C-3

Monforte de Lemos

7.209,00

7.209,00

8.811,00

8.811,00

8.811,00

8.811,00

8.811,00

8.811,00

1.602,00

1.602,00

Compensacións G2

11

Centro de día Agora
E-300-C-3

Monforte de Lemos

38.946,60

38.946,60

47.601,40

47.601,40

47.601,40

47.601,40

47.601,40

47.601,40

8.654,80

8.654,80

662.443,60

584.278,80

797.404,40

703.462,00

797.404,40

703.462,00

797.404,40

703.462,00

134.960,80

119.183,20

Expediente

BS632C-5/2023

Entidade

Asistencia Integral Personalizada, S.L.

NIF

B27414325

Nº RUEPSS

E-5547

Servizo concerto

Tipoloxía

Nº prazas

Nome centro

Concello

IVE

Anualidade 2024

(10 meses)

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

(2 meses)

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención residencial terapéutica

020209

Internado 365

114

Residencia Domusvi Bóveda
E-5547-C-1

Bóveda

4 %

3.450.096,00

3.001.583,52

4.140.115,20

3.601.900,22

4.140.115,20

3.601.900,22

4.140.115,20

3.601.900,22

690.019,20

600.316,70

3.450.096,00

3.001.583,52

4.140.115,20

3.601.900,22

4.140.115,20

3.601.900,22

4.140.115,20

3.601.900,22

690.019,20

600.316,70