DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Xeitura Xestión do Patrimonio Cultural, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 5 de febreiro de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o Acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, relativo ao enderezo social, da entidade Xeitura Xestión do Patrimonio Cultural, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 16 de xaneiro de 2024. O seu novo enderezo social é: avenida Emilia Pardo Bazán, oficinas Est. Aut., s/n, 32660 Allariz, provincia de Ourense.

Ourense, 5 de febreiro de 2024

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense