DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14871

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 9 de febreiro de 2024 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 11 de outubro de 2023.

Pola Orde do 11 de outubro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 207, do 31 de outubro de 2023, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na entidade pública empresarial Augas de Galicia que se detallan no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a dita convocatoria, coa adxudicación de destino ao persoal funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, efectuada pola Orde desta consellería do 11 de outubro de 2023.

Segundo. O cesamento no destino actual dos funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, a toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O cómputo de prazos iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidas aos/ás interesados/as. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal, iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

Ethel Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Apelidos e nome: Barreiro García, Ramón.

DNI: ***8030**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: IV.E10.00.002.15770.001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Réxime Xurídico.

Dependencia: entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 30.

Apelidos e nome: Manrique Merino, Jesús Antonio.

DNI: ***2327**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: IV.E19.20.000.15770.001.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo Territorial de Augas de Galicia.

Dependencia: entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 28.

Apelidos e nome: Carreira Carral, Rocío.

DNI: ***3721**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: IV.E19.20.000.27001.001.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo Territorial de Augas de Galicia.

Dependencia: entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Localidade: Lugo.

Nivel: 28.

Apelidos e nome: Pérez González, Susana.

DNI: ***9343**.

Subgrupo: A2.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: IV.E19.20.000.36560.001.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo Territorial de Augas de Galicia.

Dependencia: entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Localidade: Vigo.

Nivel: 28.