DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2024 Páx. 14950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varios/as interesados/as os trámites de audiencia en relación coas modificacións do acordo de concentración parcelaria da zona de Agudelo-Barro-Valiñas (Barro-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º, Pontevedra, teléfono 986 80 54 40), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

ABV_MAV_027_TA_1117

35346594X

Trámite de audiencia

ABV_MAV_042_TA_927

77414502K

Trámite de audiencia