DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2024 Páx. 14719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, para o que presentarán a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpor, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda ante o Xulgado do Social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de febreiro de 2024

Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

32712892S

32712892S/14-12-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Cerdido

48112302M

48112302M/20-11-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Arteixo

49665930Y

49665930Y/26-12-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Santiago de Compostela

54702712H

54702712H/23-11-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Betanzos

54940674E

54940674E/14-12-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

A Coruña

Y8503726L

Y8503726L/09-01-2024/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Betanzos

32710308F

32710308F/19-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ferrol

47377063F

47377063F/25-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

A Coruña

54152501J

54152501J/15-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

A Coruña

76346835Z

76346835Z/18-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

A Coruña

Y0427176B

Y0427176B/06-11-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Ortigueira

Y4877205T

Y4877205T/22-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

A Coruña