DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Barro (expediente DH.A36.68880).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 11 de xullo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios Fontes de Bretoña unha concesión de 27.867,31 m³ anuais de auga que procede de tres mananciais situados no lugar de Bretoña, parroquia de Curro (Santa María), no concello de Barro (Pontevedra), con destino a uso doméstico e a rega.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións