DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente 2019/134/36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo emitido no expediente referido no dito anexo e instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código Civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo emprázase a referida persoa interesada por si ou a través dos seus representantes legais para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Sáez Díez, núm. 39, baixo, en Ourense, de luns a venres laborais, das 9.00 a 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que de non atender o acto, efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer, decaerá do dereito ao trámite.

Ourense, 2 de febreiro de 2024

Mª José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2019/134/36.

Documento de identidade: 47703330L.

Acto que se notifica: citación para trámite de audiencia.

Data do acto que se notifica: 1 de febreiro de 2024.

Efectos xurídicos: apertura do trámite de audiencia.