DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ACORDO do 5 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade do comezo dun expediente de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse publicidade da parte substantiva dos acordos da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en Lugo:

Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Poñer á disposición dos interesados os expedientes para que, conforme o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE), aleguen e presenten os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes, ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, situada na rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo (982 29 49 57/982 29 41 88/89).

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de ser o caso, ditará a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no caso de que o interesado estea conforme coa obrigación do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e así darase por concluído o expediente.

Lugo, 5 de febreiro de 2024

Sagrario Sánchez Ramil
Xefa territorial de Lugo

ANEXO I

Convocatoria xeral para estudos postobrigatorios

Interesado:

NIF: 34308488D.

Importe: 360,00 €.

Curso: 2020/21.

Causa: 1.10. Non ter superado o 50 % das materias ou créditos matriculados.