DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 7003/2024, seguido ante a Sala do Contencioso-Administrativo (sección 3) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por mor do recurso interposto fronte ao Decreto 141/2023, do 26 de outubro, polo que se declara, en concreto, a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de interese autonómico do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), no concello da Coruña (clave AC/21/215.30.0).

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio por medio do que se ordena a remisión do expediente administrativo correspondente ao Decreto 141/2023, do 26 de outubro, polo que se declara, en concreto, a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de interese autonómico do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), no concello da Coruña (clave AC/21/215.30.0), por mor da interposición dun recurso contencioso-administrativo fronte a este.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade