DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F (expediente 32019/0009/23-R e dous máis).

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, tentada a notificación dos requirimentos de documentación, ditados no procedemento de revisión pola xefatura territorial no último enderezo coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles a través deste anuncio as ditos requirimentos ás persoas citadas no anexo, que se emprazan para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o contido íntegro dos referidos actos. Transcorrido o dito prazo, de non o faceren, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

Ourense, 23 de xaneiro de 2024

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

32019/0009/23-R

46564996R

Requirimento de documentación

8.11.2023

32054/0155/13-R

X3239360V

Requirimento de documentación

10.11.2023

32054/0098/23-R

Z0307556M

Requirimento de documentación

10.1.2024