DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 0048-2023-FOR e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen que comparecesen, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

Predio

0048-2023-FOR

35430885Y

Requirimento de levantamento de plantación forestal

A Estrada (Pontevedra)

36017A015004220000KK

0049-2023-FOR

35430885Y

76855523B

Requirimento de levantamento de plantación forestal

A Estrada (Pontevedra)

36017A015004290000KS