DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13635

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba a modificación da súa estrutura organizativa.

De acordo co previsto na Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, o Consello de Dirección do instituto, na súa xuntanza do 15 de xaneiro de 2024, acordou modificar a estrutura organizativa da entidade nos seguintes termos:

Modificar a denominación da «Unidade de Proxectos Empresariais» e da «Oficina de Proxectos Tractores e Atracción de Investimentos» que pasan a denominarse «Oficina Económica de Galicia» e «Subdirección de Asesoramento Empresarial e Apoio á Oficina Económica de Galicia», respectivamente.

Modificar a denominación do posto de «Responsable Oficina de Proxectos Tractores e Atracción de Investimentos» que pasa a denominarse «Subdirector/a de Asesoramento Empresarial e Apoio á Oficina Económica de Galicia».

Modificar a denominación do posto de «Xefe/a da Unidade de Proxectos Empresariais» que pasa a denominarse «Director/a da Oficina Económica de Galicia».

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica