DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a delimitación do núcleo rural de Negrelle.

Unha vez aprobada inicialmente mediante o Acordo do Pleno municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 22 de xaneiro de 2024, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a delimitación do núcleo rural de Negrelle, de conformidade co artigo 78.2.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ao que remite o artigo 191.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve, sométese o expediente de delimitación a información pública por un prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo calquera interesado/a poderá examinalo e formular as alegacións que considere pertinentes e presentalas no Rexistro municipal, para o cal fará constar a referencia do anuncio. O resumo executivo, xunto co resto dos documentos integrantes do expediente tramitado, poderanse consultar no portal de transparencia da sede electrónica do concello (https://maside.sedelectronica.gal/), así como nas dependencias municipais sitas no número 1 da praza Maior de Maside, os días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas, con cita previa concertada.

Maside, 24 de xaneiro de 2024

José Manuel Iglesias Araújo
Alcalde presidente