DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13689

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Alcouce

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Purificación Crespo Peón, con DNI ***9873** e actuando como presidenta da Comunidade de Usuarios de Alcouce, mediante este anuncio convoco para o vindeiro día 10 de marzo de 2024, no recinto do depósito de augas, ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e para a aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación, de proceder, da acta anterior.

2. Estado de contas.

3. Renovación parcial da xunta directiva.

4. Suxestións e preguntas.

Vilaboa, 24 de xaneiro de 2024

Purificación Crespo Peón
Presidenta da Comunidade de Usuarios de Alcouce