DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador, por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme ao previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda ante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditado na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 1 de febreiro de 2024

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

Y4177158G

Y4177158G/28-12-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Guitiriz

33309909K

33309909K/11-04-2023/2.2.B

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34321319Y

34321319Y/27-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34968735H

34968735H/30-12-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

39978299K

39978299K/19-05-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

46460475S

46460475S/17-11-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

X1563889G

X1563889G/19-06-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

Y5454548C

Y5454548C/02-08-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Monforte de Lemos

Y9122931H

Y9122931H/01-09-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Allariz