DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Muras (expediente DH.A27.68382).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante Resolución da dirección de Augas de Galicia do 27 de marzo de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse ao Concello de Muras unha concesión de 1.314 m3 anuais de auga que procede de gavias de drenaxe e arquetas situado no lugar Carelle, da parroquia do Burgo (Santa María), no concello de Muras (Lugo), con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións