DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN408A 2020/179, no concello de Dumbría.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (expediente IN408A 2020/179), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do Centro Social do referido concello.

A Coruña, 1 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2020/179.

Entidade beneficiaria: AV Paxareiras II, S.L.U. (TASGA).

Denominación da instalación: LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II.

Concello: Dumbría.

Predio

Parc.

Pol.

Titularidade proposta

Data

Hora

12

229

505

Manuela Lema Canosa

7.3.2024

10.15

13

230

505

Emilia Díaz Pais

7.3.2024

10.30