DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 12913

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 7 de febreiro de 2024 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, previsto no artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024 (código de procedemento PR486B).

A previsión constitucional de participación das facendas locais nos ingresos da Comunidade Autónoma realízase mediante o Fondo de Cooperación Local (FCL), convertido no instrumento central de colaboración e cooperación económico-financeira da Xunta de Galicia coas entidades locais, mediante o que se dá cumprimento á obriga legal de achegar os medios suficientes para garantir a suficiencia financeira dos concellos da Comunidade Autónoma. A través deste fondo, coa consignación orzamentaria fixada anualmente na correspondente Lei de orzamentos, regúlase un modelo estable de participación dos concellos nos ingresos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Incrementada para 2024 en case o 30 % respecto ao exercicio anterior, a dotación do fondo adicional ao FCL repártese en función dos criterios sinalados no artigo 59.catro da vixente Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024. Entre eles, a liña de financiamento sinalada na letra h) do devandito artigo destinada aos concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, en función dos investimentos que teñan que realizar para mellorar a eficiencia enerxética de edificios de titularidade municipal.

A asignación destes recursos con destino aos investimentos sinalados na Lei anual de orzamentos foi acordada no marco da subcomisión de réxime económico e financeiro da Comisión de Cooperación Local e vén significar que case o 90 % dos concellos de Galicia recibirán importantes asignacións procedentes da participación nos tributos da Comunidade Autónoma que dotan o fondo adicional ao FCL, para o financiamento de actuacións que permitirán mellorar as condicións da prestación de servizos en áreas de competencia municipal.

Segundo sinala a Lei de orzamentos, a repartición do fondo adicional correspondente aos concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes, fixada na alínea h) do artigo 59.catro da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024 realizarase en función dos criterios aprobados pola consellería competente en materia de Administración local.

Xa que logo, constitúe o obxecto desta orde establecer e precisar os criterios de repartición do citado fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local do ano 2024.

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponde a elaboración, a proposta e a execución da política do Goberno galego en materia de Administración local, de conformidade co previsto no artigo 1 do Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 126, do 4 de xullo), en relación co previsto na disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Para o exercicio das súas funcións conta dentro da súa estrutura orgánica coa Dirección Xeral de Administración Local, configurado no artigo 29 do mesmo Decreto 117/2022, do 23 de xuño, como o órgano encargado da xestión das competencias que se lle atribúen á Xunta de Galicia en materia de Administración local.

No exercicio das súas competencias correspóndenlle a este centro directivo as relacións coas entidades locais, en particular a coordinación das políticas públicas en materia de Administración local, xestión en materia de pacto local, a proposición das directrices en relación cos programas de cooperación e financiamento local e, en especial, co Fondo de Cooperación Local ou o fomento das liñas de colaboración coas entidades locais galegas no referente á convocatoria e execución das subvencións destinadas a elas.

Polo exposto, de conformidade co establecido no Decreto 117/2022, do 23 de xuño, que resulta de aplicación segundo o previsto na disposición transitoria primeira do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, e na alínea catro do artigo 59 da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é o órgano competente para determinar os criterios de repartición da consignación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na letra h) do artigo 59.catro da devandita lei, destinadas a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes para a realización de investimentos de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde establece os criterios e o procedemento para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na alínea h) do artigo 59.catro da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024 (DOG núm. 246, do 29 de decembro), destinada aos concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes, con código de procedemento PR486B, para o financiamento de investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética de edificios de titularidade municipal.

Artigo 2. Destinatarios

1. Poderán ser destinatarios da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde, previsto na alínea h) do artigo 59.catro da Lei 9/2023, do 28 de decembro, os concellos de Galicia que teñan unha cifra de poboación inferior a 15.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 2023, publicadas polo Instituto Galego de Estatística, que son os que se relacionan no anexo II desta orde.

2. Para poder acceder ás achegas do fondo adicional que se regulan nesta orde, os concellos deben ter remitida a conta xeral do exercicio 2022 ao Consello de Contas de Galicia.

Artigo 3. Dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

1. A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local que se distribúe mediante esta orde ascende a un total de 5.000.000,00 €.

2. A distribución do importe realizarase en función dos criterios aprobados pola consellaría competente en materia de Administración local.

Artigo 4. Criterios de distribución

1. Establécese unha achega máxima inicial por concello que se asignará por resolución da persoa titular da consellería competente en materia de Administración local, logo da comprobación do cumprimento polos concellos destinatarios dos requisitos e condicións establecidos nesta orde, e de acordo co resultado da puntuación acadada polas solicitudes presentadas que asignará a comisión prevista no artigo 9 desta orde conforme os criterios de valoración dispostos nesta.

2. O importe máximo inicial da asignación por concello establécese en 60.000,00 €.

3. Non se sinala un límite para o orzamento total dos investimentos pero en ningún caso o importe da achega destinada a cada concello poderá ser superior ao orzamento da obra á que se aplicará nin, de ser o caso, ao seu custo final.

4. De acordo co anterior, o órgano competente minorará a contía da achega final na cantidade que supere o custo orzado ou de execución da actuación, segundo proceda.

5. Sen prexuízo do previsto nas alíneas 1 e 2 deste artigo, de se produciren remanentes do fondo poderá incrementarse o importe máximo inicial das achegas mediante a súa redistribución entre todos os concellos destinatarios, sen que se supere o importe máximo total establecido na letra h) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos, recollido no artigo 3.1 desta orde.

En todo caso esta redistribución de remanentes debe respectar os límites máximos por concello sinalados na alínea 3 deste artigo para que non se produza exceso de financiamento sobre o orzamento ou sobre o custo final do proxecto, segundo proceda.

6. Poden producir remanentes do fondo:

a) As minoracións nas achegas polo exceso sobre o custo da actuación.

b) As desistencias das solicitudes presentadas e as renuncias ás achegas asignadas.

c) As resolucións denegatorias por incumprimento dos requisitos ou condicións establecidos nesta orde para acceder á achega.

d) Calquera outra causa que poida dar lugar a unha cantidade non asignada, total ou parcialmente, a calquera dos concellos beneficiarios.

Artigo 5. Actuacións financiables

1. A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde está destinada á realización de obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal que se destinen á prestación de servizos ou ao exercicio das súas competencias e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Serán financiables a execución de obras que sexan imputables ao capítulo VI do orzamento de gastos da entidade local, de conformidade coa clasificación económica establecida pola Orde EHA/3565/2008, do 8 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais, incluído o IVE.

b) Para os efectos desta orde, terán a consideración de servizo municipal aqueles relacionados co exercicio de calquera das competencias referidas no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, coa prestación dos servizos incluídos no artigo 26.1 da mesma lei, ou coas competencias asumidas pola vía do artigo 27 da citada norma legal.

c) Son financiables os custos directamente relacionados cos investimentos que se efectúen, tales como honorarios profesionais de arquitectura e enxeñaría, ata un máximo do 12 % do investimento (IVE incluído).

d) Os proxectos serán completos e de fase única, susceptibles da súa posta en servizo inmediata como consecuencia directa da execución do proxecto. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.

Artigo 6. Prazo e forma de presentación

1. Para poder recibir a achega regulada nesta orde, os concellos relacionados no anexo II presentarán unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Administración Local, segundo o modelo que figura como anexo I.

2. Cada concello poderá presentar unha única solicitude que se corresponderá cun só proxecto, ben que en cada proxecto poderá incluírse máis dunha actuación.

Xa que logo, se o órgano tramitador observa que un concello ten presentadas dúas ou máis solicitudes, poñerallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo. De non se ter recibido a comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

6. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 7. Documentación complementaria

1. Os concellos interesados deberán achegar co anexo I de solicitude, debidamente cuberto, a seguinte documentación:

a) Certificado da persoa secretaria do concello en que faga constar o acordo do órgano competente da entidade local en virtude do cal se solicita a achega para as obras concretas que se pretenden executar ao abeiro desta orde e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes e nel constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde.

b) Memoria explicativa da actuación, asinada electronicamente polo alcalde ou pola alcaldesa, que conterá toda a información necesaria para a valoración do proxecto conforme os criterios establecidos no artigo 10.

c) O proxecto das obras co seguinte contido mínimo:

a. Memoria do proxecto.

b. Orzamento detallado, desagregado a nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a prezo global.

c. Planos a escala e detalle suficientes para describir as actuacións.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas achega a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia dun documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento en cuestión ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Instrución e resolución

1. A Dirección Xeral de Administración Local será o órgano competente para a instrución do procedemento e poderá solicitar calquera documentación que considere necesaria para a correcta verificación da solicitude.

2. O defecto nas solicitudes será notificado ás entidades interesadas pola Dirección Xeral de Administración Local e daráselles un prazo de dez días para emendaren os erros ou omisións, con indicación de que, de non o faceren así, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución que se deberá ditar nos termos do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Rematado o prazo para a presentación das solicitudes, revisadas estas e a súa documentación e feitas as emendas necesarias, aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e conteñan a documentación preceptiva serán trasladados a unha comisión para que as valore de acordo cos criterios establecidos no artigo 10 desta mesma orde co fin de elaborar unha proposta de asignación.

En ningún caso a proposta da comisión poderá superar o importe fixado na Lei de orzamentos xerais para 2024.

4. A Comisión de Valoración estará presidida pola persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local e dela formarán parte os delegados e as delegadas territoriais da Xunta de Galicia ou persoas en quen deleguen. Actuará como secretaria a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais da Dirección Xeral de Administración Local, ou unha persoa funcionaria da citada dirección xeral con nivel mínimo de xefatura de servizo.

5. Unha vez que a comisión realice a valoración das solicitudes presentadas de conformidade cos criterios de avaliación e repartición establecidos no artigo 10, da cal quedará constancia en acta motivada, a Dirección Xeral de Administración Local elevará proposta á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, quen resolverá.

6. Contra esta resolución, as entidades interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda.

7. O prazo para resolver e notificar os procedementos iniciados en virtude desta orde será de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O vencemento deste prazo máximo sen que sexa notificada a resolución lexitima os interesados para entenderen desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 10. Criterios de valoración

1. Na valoración das solicitudes presentadas a comisión ponderará os seguintes aspectos, ata un máximo de 100 puntos:

1.1. O destino das actuacións valorarase ata un máximo de 40 puntos en función dos criterios que se sinalan a seguir:

a) Infraestruturas destinadas a actividades deportivas: 40 puntos.

b) Infraestruturas destinadas a servizos educativos e as dedicadas á prestación de servizos sociais e sanitarios: 25 puntos.

c) Infraestruturas destinadas á prestación doutros servizos: 15 puntos.

1.2. A natureza e tipo do investimento ponderarase segundo os criterios que se indican, ata un máximo de 40 puntos:

a) Substitución de caldeiras baseadas en combustibles fósiles por outras alimentadas con enerxías renovables e substitución, renovación ou mellora de cubertas en edificios ou instalacións dedicados a actividades deportivas para mellora da eficiencia enerxética: 40 puntos.

b) Substitución, renovación ou mellora de elementos construtivos da envolvente térmica ou de instalacións eléctricas máis eficientes, incluídas as instalacións de iluminación: 25 puntos.

c) Substitución, renovación ou mellora do restos de elementos que melloren a eficiencia enerxética dos edificios: 15 puntos.

1.3. A necesidade específica das actuacións concretas que pretende abordar o proxecto puntuarase con base no contido da memoria presentada por cada entidade solicitante, ata un máximo de 20 puntos.

2. En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no Rexistro Electrónico Xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á cal o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

Porén, naqueles supostos en que, ao abeiro do establecido no artigo 9 desta orde, se lles requirise aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou documentación presentada, entenderase por rexistro de entrada da solicitude presentada a data en que o dito requirimento estivese correctamente atendido.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Libramento dos fondos

1. Unha vez notificada a cada concello beneficiario a asignación do fondo e o seu importe, libraráselle a cantidade correspondente ao 80 % do total na conta da que é titular a entidade local na que se realizan os ingresos mensuais do Fondo de Cooperación Local, sen prexuízo da posibilidade de reintegro prevista no artigo 13.4 desta orde.

2. O 20 % restante, ou a cantidade que corresponda en función da redistribución do remanente ou do custo final da actuación, librarase no momento en que o concello acredite a correcta realización dos investimentos nos prazos e na forma establecidos no artigo 13 desta orde.

3. Os aboamentos das achegas efectuaranse directamente á entidade local na mesma conta en que se ingresan as achegas mensuais do Fondo de Cooperación Local.

Artigo 13. Comprobación da aplicación dos fondos

1. Cada un dos concellos destinatarios deberá acreditar a aplicación dos fondos regulados nesta orde mediante a presentación da seguinte documentación:

a) Acta de recepción definitiva das obras.

b) Certificado da intervención municipal da toma de razón na contabilidade do gasto correspondente ao investimento realizado.

c) Certificado da persoa secretaria para facer constar o acordo do órgano municipal competente declarando o cumprimento da finalidade para a que se asignaron os fondos.

2. A data límite para a realización dos investimentos e a presentación da documentación xustificativa da aplicación dada aos fondos remata o 15 de novembro de 2024.

3. A Dirección Xeral de Administración Local poderá requirir as entidades beneficiarias para achegaren cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a correcta verificación da xustificación presentada e a comprobación da execución do investimento.

4. O transcurso do prazo establecido neste artigo sen ter presentado a correspondente xustificación, ou a súa presentación insuficiente ou incompleta, comportará a perda do dereito ao cobramento do libramento final e/ou dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro dos fondos percibidos, segundo o caso.

Disposición derradeira primeira

Delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local a competencia para resolver os procedementos que se inicien en virtude desta orde, de conformidade co previsto no artigo 3 da Orde do 14 de xullo de 2022 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG núm. 137, do 19 de xullo), en relación co previsto na disposición adicional segunda do Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2024

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

missing image file
missing image file

ANEXO II

Concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes-Galicia 2023
(fonte Instituto Galego de Estatística-Padrón municipal de habitantes)

Código

Concello

Poboación

27001

Abadín

2.203

15001

Abegondo

5.584

36020

Agolada

2.254

27002

Alfoz

1.553

32001

Allariz

6.378

32002

Amoeiro

2.391

27003

Antas de Ulla

1.887

15003

Aranga

1.815

36001

Arbo

2.647

15004

Ares

6.132

32003

Arnoia, A

1.002

15006

Arzúa

5.901

32004

Avión

1.754

36003

Baiona

12.407

27004

Baleira

1.153

32005

Baltar

884

32006

Bande

1.482

15007

Baña, A

3.332

32007

Baños de Molgas

1.535

27901

Baralla

2.484

32008

Barbadás

11.140

32009

Barco de Valdeorras, O

13.277

27005

Barreiros

3.020

36002

Barro

3.651

32010

Beade

364

32011

Beariz

946

27006

Becerreá

2.711

27007

Begonte

2.925

15008

Bergondo

6.951

15009

Betanzos

13.082

32012

Blancos, Os

716

32013

Boborás

2.232

15010

Boimorto

1.849

32014

Bola, A

1.069

32015

Bolo, O

806

15012

Boqueixón

4.146

27008

Bóveda

1.405

15013

Brión

8.145

36004

Bueu

11.922

27902

Burela

9.454

15014

Cabana de Bergantiños

4.123

15015

Cabanas

3.300

36005

Caldas de Reis

9.620

32016

Calvos de Randín

679

15016

Camariñas

5.151

36006

Cambados

13.681

36007

Campo Lameiro

1.723

36009

Cañiza, A

5.090

15018

Capela, A

1.185

32018

Carballeda de Avia

1.218

32017

Carballeda de Valdeorras

1.373

27009

Carballedo

2.080

32019

Carballiño, O

13.968

15901

Cariño

3.769

15020

Carnota

3.815

15021

Carral

6.700

32020

Cartelle

2.521

32022

Castrelo de Miño

1.337

32021

Castrelo do Val

989

32023

Castro Caldelas

1.222

27010

Castro de Rei

5.015

27011

Castroverde

2.548

36010

Catoira

3.289

15022

Cedeira

6.529

15023

Cee

7.660

32024

Celanova

5.709

32025

Cenlle

1.087

15024

Cerceda

5.058

36902

Cerdedo-Cotobade

5.687

15025

Cerdido

1.033

27012

Cervantes

1.209

27013

Cervo

4.200

32029

Chandrexa de Queixa

493

27016

Chantada

8.006

15027

Coirós

1.923

32026

Coles

3.176

15028

Corcubión

1.647

27014

Corgo, O

3.396

15029

Coristanco

5.779

32027

Cortegada

1.032

27015

Cospeito

4.257

36013

Covelo

2.426

36014

Crecente

1.978

32028

Cualedro

1.606

36015

Cuntis

4.549

15032

Curtis

4.135

15033

Dodro

2.659

36016

Dozón

1.017

15034

Dumbría

2.856

32030

Entrimo

1.098

32031

Esgos

1.099

15035

Fene

12.561

15037

Fisterra

4.697

27017

Folgoso do Courel

1.004

27018

Fonsagrada, A

3.186

36018

Forcarei

3.186

36019

Fornelos de Montes

1.647

27019

Foz

10.163

15038

Frades

2.246

27020

Friol

3.616

32033

Gomesende

667

36022

Grove, O

10.828

36023

Guarda, A

9.998

32034

Gudiña, A

1.180

27022

Guitiriz

5.194

27023

Guntín

2.551

36901

Illa de Arousa, A

4.876

27024

Incio, O

1.524

32035

Irixo, O

1.391

15039

Irixoa

1.316

36025

Lama, A

2.520

27026

Láncara

2.492

15041

Laracha, A

11.543

32038

Larouco

444

15040

Laxe

2.939

32039

Laza

1.167

32040

Leiro

1.481

32041

Lobeira

768

32042

Lobios

1.786

27027

Lourenzá

2.115

15042

Lousame

3.145

32043

Maceda

2.878

15043

Malpica de Bergantiños

5.241

32044

Manzaneda

832

15044

Mañón

1.244

32045

Maside

2.743

15045

Mazaricos

3.737

36027

Meaño

5.258

27029

Meira

1.753

36028

Meis

4.706

15046

Melide

7.553

32046

Melón

1.123

32047

Merca, A

1.954

15047

Mesía

2.418

32048

Mezquita, A

1.007

15048

Miño

6.753

15049

Moeche

1.206

36030

Mondariz

4.444

36031

Mondariz-Balneario

703

27030

Mondoñedo

3.439

15050

Monfero

1.838

32049

Montederramo

688

32050

Monterrei

2.424

27032

Monterroso

3.593

36032

Moraña

4.126

15051

Mugardos

5.228

32051

Muíños

1.439

27033

Muras

600

15053

Muros

8.251

15052

Muxía

4.450

27034

Navia de Suarna

988

15055

Neda

4.910

15056

Negreira

6.901

27035

Negueira de Muñiz

240

36034

Neves, As

3.739

27037

Nogais, As

958

32052

Nogueira de Ramuín

2.085

15057

Noia

14.115

36036

Oia

3.104

32053

Oímbra

1.730

15059

Ordes

12.669

15060

Oroso

7.622

15061

Ortigueira

5.477

27038

Ourol

980

27039

Outeiro de Rei

5.359

15062

Outes

6.082

15902

Oza-Cesuras

5.203

15064

Paderne

2.436

32055

Paderne de Allariz

1.368

32056

Padrenda

1.614

15065

Padrón

8.355

27040

Palas de Rei

3.346

27041

Pantón

2.423

32057

Parada de Sil

520

27042

Paradela

1.638

27043

Páramo, O

1.305

27044

Pastoriza, A

2.810

36037

Pazos de Borbén

2.993

27045

Pedrafita do Cebreiro

909

32058

Pereiro de Aguiar, O

6.647

32059

Peroxa, A

1.779

32060

Petín

875

15066

Pino, O

4.553

32061

Piñor

1.151

32063

Pobra de Trives, A

1.977

27047

Pobra do Brollón, A

1.565

15067

Pobra do Caramiñal, A

9.227

27046

Pol

1.582

36043

Ponte Caldelas

5.553

15068

Ponteceso

5.399

36044

Pontecesures

3.096

15069

Pontedeume

7.520

32064

Pontedeva

468

27048

Pontenova, A

2.126

15070

Pontes de García Rodríguez, As

9.867

32062

Porqueira

841

36040

Portas

2.823

15071

Porto do Son

9.125

27049

Portomarín

1.345

32065

Punxín

751

32066

Quintela de Leirado

607

27050

Quiroga

3.099

27056

Rábade

1.503

32067

Rairiz de Veiga

1.220

32068

Ramirás

1.521

15072

Rianxo

10.854

32069

Ribadavia

4.973

27051

Ribadeo

9.828

36046

Ribadumia

5.189

27052

Ribas de Sil

914

27053

Ribeira de Piquín

497

32071

Riós

1.414

27054

Riotorto

1.200

36047

Rodeiro

2.260

15074

Rois

4.397

36048

Rosal, O

6.431

32072

Rúa, A

4.141

32073

Rubiá

1.384

36049

Salceda de Caselas

9.421

36050

Salvaterra de Miño

10.274

27055

Samos

1.210

32074

San Amaro

1.049

32075

San Cibrao das Viñas

5.675

32076

San Cristovo de Cea

2.003

15076

San Sadurniño

2.751

32070

San Xoán de Río

518

32077

Sandiás

1.134

15077

Santa Comba

9.342

15079

Santiso

1.473

32078

Sarreaus

1.095

27057

Sarria

13.221

27058

Saviñao, O

3.504

36052

Silleda

8.876

27059

Sober

2.178

15080

Sobrado

1.777

15081

Somozas, As

1.068

36053

Soutomaior

7.603

27060

Taboada

2.657

32079

Taboadela

1.487

32080

Teixeira, A

342

32081

Toén

2.378

36054

Tomiño

13.836

15083

Toques

1.074

15084

Tordoia

3.168

15085

Touro

3.382

27061

Trabada

1.107

32082

Trasmiras

1.228

15086

Trazo

3.019

27062

Triacastela

622

15088

Val do Dubra

3.761

27063

Valadouro, O

1.890

15087

Valdoviño

6.889

36056

Valga

5.704

15089

Vedra

5.019

32083

Veiga, A

925

32084

Verea

964

32085

Verín

13.612

32086

Viana do Bolo

2.750

27064

Vicedo, O

1.613

36059

Vila de Cruces

5.082

36058

Vilaboa

5.950

27065

Vilalba

13.870

32087

Vilamarín

1.866

32088

Vilamartín de Valdeorras

1.851

36061

Vilanova de Arousa

10.225

32089

Vilar de Barrio

1.201

32090

Vilar de Santos

792

32091

Vilardevós

1.702

32092

Vilariño de Conso

521

15091

Vilarmaior

1.234

15090

Vilasantar

1.232

15092

Vimianzo

6.840

27021

Xermade

1.734

32032

Xinzo de Limia

9.529

27025

Xove

3.330

32036

Xunqueira de Ambía

1.368

32037

Xunqueira de Espadanedo

689

15093

Zas

4.308