DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13402

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se modifica o Anuncio do 29 de xaneiro de 2024 polo que se convocan para a súa provisión, mediante o procedemento de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade de Enfermaría.

Advertido erro no Anuncio do 29 de xaneiro de 2024, publicado no Diario Oficial de Galicia número 27, do 7 de febreiro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo da páxina 11448, onde di: «Supervisor/a Unidade de Hospitalización Coidados Intensivos e Prematuros», debe dicir: «Supervisor/a Unidade Hospitalización Coidados Pediátricos Intensivos e Prematuros».

Ampliar o prazo de presentación de solicitudes en quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 7 de febreiro de 2024

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras