DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2022/4172-3 e catorce máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 22 de xaneiro de 2024

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A2022/4172-3

34989372R

PR204A2023/1253-3

77411315P

PR204A2023/1698-3

52993775G

PR204A2023/2078-3

44472259B

PR204A2023/3084-3

44664512F

PR204A2023/3085-3

44471492A

PR204A2023/3090-3

34990957E

PR204A2023/3287-3

76735463B

PR204A2023/3334-3

76810390G

PR204A2023/3418-3

X1646953S

PR204A2023/3445-3

44478385L

PR204A2023/3471-3

55476576R

PR204A2023/3474-3

34713336B

PR204A2023/3513-3

35928790F

PR204A2023/3592-3

34931098D