DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2024, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante a visita da Inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia de Turismo de Galicia de Lugo.

Lugo, 30 de xaneiro de 2024

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Roma.

Signatura: V-LU-002040.

Titular: José Ramón Fernández Riopedre.

Enderezo: rúa Villafranca del Bierzo, 7.

Localidade: 27700 Ribadeo.

Establecemento: La Flor.

Signatura: V-LU-001126.

Titular: María Torviso.

Enderezo: rúa San Roque, 3.

Localidade: 27700 Ribadeo.

Establecemento: El Porrón.

Signatura: V-LU-000121.

Titular: Francisco Rodríguez.

Enderezo: rúa Reinante, 9.

Localidade: 27700 Ribadeo.

Establecemento: El Buga.

Signatura: V-LU-004853.

Titular: Manuel José Pérez Fernández.

Enderezo: rúa Ingeniero Schulz, 2.

Localidade: 27700 Ribadeo.

Establecemento: Latino Bar.

Signatura: V-LU-005611.

Titular: Jairo Manuel Fernández Álvarez.

Enderezo: rúa Ingeniero Schulz, 2.

Localidade: 27700 Ribadeo.

Establecemento: Mesón Asador O Forno.

Signatura: V-LU-005254.

Titular: Mesón Asador O Forno, C.B.

Enderezo: avenida de Asturias, 8-10.

Localidade: 27700 Ribadeo.

Establecemento: Sergio Rubiños.

Signatura: V-LU-000407.

Titular: Sergio Rubiños.

Enderezo: rúa Diputación, 10.

Localidade: 27700 Ribadeo.

Establecemento: Abeladal.

Signatura: V-LU-000501.

Titular: Antonio Calvo.

Enderezo: rúa Profuso Vicedo.

Localidade: 27860 O Vicedo.

Establecemento: Manuel Prieto.

Signatura: V-LU-002820.

Titular: Manuel Prieto.

Enderezo: rúa Rodríguez Murias, 12.

Localidade: 27700 Ribadeo.