DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2024 Páx. 12860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20230144AE-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 31.1.2024 a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20230144AE-OU incoado ao titular do NIE Y5489838M.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido practicar, polo que mediante desta cédula notifícaselle á persoa titular do NIE Y5489838M o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da devandita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita en Ourense, na avenida de Zamora, 13, 4º andar, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Tamén, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, podendo realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Poderá efectuar o ingreso en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015.

Ourense, 31 de xaneiro de 2024

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 20230144AE-OU.

NIE: Y5489838M.

Non consta enderezo coñecido da persoa expedientada.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Lei 8/2008, de 10 de xullo, de saúde Galicia.

Artigo 42.bis.e) A falta de cumprimento voluntario da obriga de corentena indicada ou prescrita polas autoridades sanitarias, os profesionais sanitarios ou as profesionais sanitarias, o persoal encargado do rastrexo e seguimento de contactos ou calquera outro axente de saúde pública que teña encomendadas estas funcións cando non sexa constitutivo de infracción moi grave.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: vinte mil un euros (20.001,00 €).