No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 233, do 7 de decembro de 2023, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de novembro de 2023, relativas á seguinte convocatoria:
– 3 prazas de arquitecto/a técnico/a, quenda libre, (subgrupo A2), C.E. 11/21.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 19 de xaneiro de 2024
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 5.7.2023)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía
e Planificación Urbana