DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, polo que se acorda someter a información pública o proxecto de Orde pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A Consellería de Política Social e Xuventude está a tramitar o proxecto de Orde pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o proxecto de Orde pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Segundo. O texto do proxecto de orde poderá consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/pendente-de-aprobacion

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de orde mediante a presentación electrónica a través do formulario PR004A ou mediante a presentación de escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, Edificio Administrativo San Caetano, 8-A, 15781 Santiago de Compostela, no prazo indicado.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2024

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude