De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: granxa avícola de recría de galiñas poñedoras |
Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada |
Titular: Manuel Vidal Pazos |
Núm. rexistro AAI: 2010/1006_IPPC_244 |
Localización: concello de Salvaterra do Miño (Pontevedra) |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático